Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

TERCER CONGRESO GALEGO DE SEGURIDADE E EDUCACIÓN VIARIA

19/05/2022 | 09:00 - 20/05/2022 | 14:00

Presentamos unha nova edición do Congreso Galego de Seguridade e Formación Viaria, un foro sobre mobilidade, cultura viaria e espazo público no que participarán relevantes personalidades con moito que dicir nestes temas. Narón volverá ser un faro para as políticas destinadas a conseguir a tan desexada Visión Cero en materia de seguridade viaria.

Para definir o enfoque deste terceiro congreso seleccionamos o lema “As persoas primeiro”, unha frase que define en si mesma, de forma sinxela e rotunda, a filosofía que debe impregnar as nosas bandeiras como xente preocupada pola preservación non só da vida humana na súa relación coa mobilidade, senón da calidade de vida nas nosas comarcas, pobos, parroquias e cidades.

Será unha vez máis punto de encontro e referencia do sector da seguridade viaria, a educación e a mobilidade humana, co fin de establecer criterios, así como realizar un labor formativo, de concienciación social sobre esta realidade, promovendo unha visión integral da mobilidade e o espazo público.

Durante este daranse cita líderes nacionais e internacionais, institucións e empresas de diferentes puntos do noso país e procedentes de diferentes ámbitos da mobilidade e educación, no que se analizarán e debaterán sobre aspectos estratéxicos, intercambiando experiencias, coñecementos e boas prácticas para contribuír á mobilidade do futuro desde unha perspectiva sostible, as cales poderán ser obxecto de aprendizaxe e implementación. Esta terceira edición celebrarase o día 19 e 20 de maio no Concello de Narón, concretamente no Pazo da Cultura, e centrarase en catro eixes temáticos:

– Un novo modelo de espazo público
– Vehículos de mobilidade persoal e seguridade viaria
– Novas metodoloxías de educación para a boa mobilidade
– Cooperación internacional

Tras dúas edicións de congresos bianuais que dan comezo no ano 2016, e tendo en conta a situación vivida ante a pandemia da Covid-19, o congreso que se tiña que celebrar no ano 2020 queda posposto para o ano 2022. O equipo de Seguridade Viaria de Narón e o equipo da Rede de Cidades que Camiñan, que este ano ten a honra de sumarse á organización deste encontro, depositaron nesta cita toda a súa ilusión e esforzo para que o evento sexa do máximo interese, para que todas as persoas interesadas poidan sacar o máximo partido á experiencia.

Cronograma

XOVES 19 DE MAIO
9:00 – 10: 00 Recepción de invitados/as:
entrega de documentación e acreditación
10:00 – 10: 30 Inauguración
10:30 – 11: 00 Conferencia inaugural
11:00 – 11: 30 Café
11:30 – 13: 30 MESA 1. Un novo modelo de espazo público

16:00 – 18:00 MESA 2. Mobilidades alternativas e seguridade viaria
18:00 – 18:30 Café
18:30 – 20:30 MESA 3. Novas metodoloxías de educación para a boa mobilidade

VENRES 20 DE MAIO
10:00 – 12.00 MESA 4. Cooperación internacional
12:00 – 12:30 Café
12:30 – 13: 30 Conferencia de peche
13:30 – 14: 00 Clausura

link información completa

Detalles

Comezo:
19/05/2022 | 09:00
Remate:
20/05/2022 | 14:00

Recinto

Narón | Pazo da Cultura. Rúa Holanda, s/n