- Este evento pasou.
6th INTERNATIONAL WORDSHOP ON ROCK PHYSICS
13/06/2022 - 17/06/2022
Con carácter bianual, a comunidade internacional de xeofísica organiza unhas reunións científicas que constitúen un foro de intercambio e relación. O pasado 26 de abril de 2019, os asistentes á 5ª edición do evento seleccionaron, entre as candidaturas propostas, A Coruña como sede da próxima reunión. Este encontro segue ás cinco edicións previas celebradas en Golden, Colorado, EE.UU (2011), Southampton, Reino Unido (2013), Perth, Australia (2015), Trondheim, Noruega (2017) e Hong Kong, China (2019). Aínda que estaba previsto que a 6ª edición celebrárase en 2021, por motivo da pandemia provocada polo COVID-19, viuse necesario aprazar o encontro a 2022.
O obxectivo do congreso é poñer en común experiencias que permitan ilustrar, discutir e intercambiar avances recentes dentro do campo da xeofísica, incluíndo desenvolvementos teóricos, ensaios in situ e a escala de laboratorio, así como simulacións numéricas. A xeofísica ten aplicación tanto na industria do petróleo como noutros campos relacionados coa transición enerxética, (por exemplo, a captura e almacenamento de CO2, xeotermia), recursos naturais (minería) e a súa xestión (residuos nucleares).
O evento tipicamente articúlase ó redor de comunicacións orais, pósters e algunha outra actividade social paralela. As comunicacións orais tenden a agruparse en sesións temáticas nun mesmo auditorio. O Comité Organizador ten previsto editar un libro cos resumos das comunicacións presentadas no congreso. Ademais, seguindo o formato de edicións anteriores, invitarase ós autores a preparar un artigo para a súa publicación nunca edición especial da revista Geophysical Prospecting (https://onlinelibrary.wiley.com/journal/13652478). Os traballos serán aceptados en base ós comentarios emitidos por un panel seleccionado de expertos, os cales velarán polo máis alto valor científico de cada unha das contribucións.