- Este evento ha pasado.
PROXECTO BIOVALVO
28/03/2022 | 17:00
O próximo luns día 28 contaremos na ETSE Camiños, Canais e Portos da UDC coa Dtra. Carolina Martínez, gañadora do premio a mellor Tese de Doutoramento en Desenvolvemento Sostible, concedido pola Cátedra Hijos de Rivera-UDC. O traballo de investigación, dirixido por Belén González e Diego Carro, do grupo de investigación GCons da mesma Escola, naceu no marco do Proxecto Biovalvo, que cristalizou na construción dun edificio experimental no Campus de Elviña, no que se incluíron cunchas de mexillón no teito, paredes, chan e cimentos.
España é un dos principais produtores mundiais de mexillón, sendo as costas de Galicia o centro desta industria, cunha produción anual dunhas 200.000 toneladas. Preto do 40% destes mexillóns procésase e comercialízase en conserva, de xeito que as cunchas residuos se pretenden converter en subproduto para a industria da construción.