- Este evento ha pasado.
PREMIOS Á TRANSFERENCIA DE TECNOLOXÍA EN GALICIA 2022
15/04/2022 | 15:00
A Real Academia Galega das Ciencias (RAGC), en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), organiza os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia para o ano 2022. Os Premios constan de tres modalidades:
- Premio «Francisco Guitián Ojea» a un traballo de investigación aplicada, dotado con 6.000 €, e dirixido a todo o persoal adscrito a centros de investigación situados en Galicia.
- Premio «Fernando Calvet Prats» a un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía promovido por un grupo de investigación, dotado con 6.000 €, e dirixido a todo o persoal adscrito a centros de investigación situados en Galicia.
- Premio «Ricardo Bescansa Martínez» a un caso de éxito empresarial de implantación tecnolóxica transferida, dotado con 6.000 €, e dirixido a empresas galegas.
O prazo de presentación de candidaturas rematará o 15 de abril de 2022 ás 15:00 h. e a súa presentación será tramitada de xeito telemático a través dun formulario electrónico específico para cada modalidade e dispoñible nas webs da RAGC e da GAIN.
Dispón de toda a información na web desta vicerreitoría: https://www.udc.es/gl/goberno/equipo_reitoral/vpcit/premios/