Skip to main content

O mércores 3 de novembro, coincidindo co Día Mundial dos Materiais, tivo lugar no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol), o evento final do Certame de Materiais Innovadores de Galicia, organizado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), no que se deron a coñecer os premiados nesta primeira edición.

O traballo constante e de calidade dos investigadores do noso departamento fai que o nivel de colaboración con empresas e de transferencia de coñecementos ao sector empresarial aumente cada ano. Un exemplo é que das máis de 80 candidaturas presentadas a este certame, estiveron como finalistas na sección de Empresa&Investigación dous grupos de investigación formados por membros do noso departamento, a través dos proxectos:

  • Formigóns en masa e morteiros de revestimento con áridos reciclados da industria
    conserveira (material de construción elaborado a partir de cuncha de mexillón).
    Consorcio Biovalbo (Extraco & Grupo de Construción do Centro de Innovación
    Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña (UDC).
  • Mestura bituminosa en frío aditivada con nanocelulosa (biopavimento alternativo ao
    asfalto convencional). Misturas, Obras e Proxectos & Grupo de Estradas, Xeotecnia e
    Materiais do CITEEC da UDC e o CETIM.

O premio nesta categoría de Empresa&Investigación foi concedido a mestura bituminosa en frío aditivada con nanocelulosa, como exemplo dun asfalto verde que pode impulsar e favorecer a economía circular na construcción de estradas.