
- Este evento pasou.
Presentación de resultados do proxecto Bosque de ribera no río Barcés
02/12/2022 | 12:30 - 14:00

No ano 2022 dende a Facultade de Ciencias da UDC elaborase un proxecto centrado no bosque de ribeira do río Barcés, nos concellos de Cerceda, Carral e Abegondo. Neste proxecto caracterízanse os diferentes tramos do río en función do estado do bosque de ribeira, a calidade do hábitat e os impactos detectados na zona. Este proxecto está financiado pola cátedra de sostenibilidade Hijos de Ribera – UDC, coa colaboración da reserva da biosfera Terras do Mandeo, e a participación da Universidade da Coruña.