Skip to main content

A OMA-UDC conta neste momento con  14 bicicletas pregables e 25 bicicletas convencionais (27 Coruña, 12 Ferrol) en disposición de préstamo ata o remate do presente curso 2022/2023.

Período de préstamo: desde o día de entrega ata o 21 de xullo de 2023, podendo escoller entre varias datas de devolución que lle serán comunicadas ao correo-e persoal da UDC. As persoas que xustifiquen vinculación a UDC no verán, poderán dispor da bicicleta ata a primeira semana de setembro de 2023. A devolución tamén poderá ter lugar antes, por iniciativa da persoa usuaria, en data acordada coa OMA-UDC.

Taxas: 10€ estudantado, 20€ persoal traballador.

Prazo de pagamento: do 22 ao 26 de marzo.

Para formalizar a reserva, basta con facer o pagamento da taxa vía pasarela de pago UDC-Xest (aberta do 22 ao 26 de marzo). A adxudicación faise por orde de pagamento. Unha vez esgotado o nº dispoñible, non será posíbel rexistrar novos pagamentos, pero hai a posibilidade de anotarse en lista de agarda. Unha vez feita a reserva co pagamento, a OMA contactará vía correo-e para citar o reparto.

LIGAZÓN DE PAGAMENTO E ADXUDICACIÓN DE BICIS MARZO 2023 

Outras actividades relacionadas nas que te podes inscribir AQUI:

  • Luns 27. Palestra: Á UDC en bici… Como fago?. Asoc. Mobi-Liza. 12:45-14:00h. F. informática (Elviña)
  • Xoves 30. Saída en bicicleta. De Elviña ao centro da cidade: o mellor camiño. Asoc. Mobi-Liza. Saída ás 12:45h. da F. Informática (Elviña)

 

Todas as consultas sobre a convocatoria poderán facerse no correo-e: bicis@udc.gal